A BARRELA 0 - SCD SANTA COMBA 1
20.09.2009 22:38Ríchard
A S.C.D. SANTA COMBA VENCE NA BARRELA
O Sta. Comba acadou a primeira victoria da tempada ao impoñerse no campo de Catro Ventos á Barrela CF, nun encontro complicado xa que o cadro que adestra Xaime non foi quen de aproveitar as súas ocasións, polo que houbo que sufrir ata o final.
O xogo foi bastante embarullado sen que ningún dos adversarios tivera o control do mesmo. A elo tamén axudou o pésimo estado do campo, de area e con moitas irregularidades. O Sta. Comba adiantouse no min. 13 cun gol de Diego tras un magnífico pase de Iván, que o deixou só diante de Bugueiro. Destacar tamén, nesta primeira metade, un excelente lanzamento lonxano de Santi e unha chegada por banda de Adrián que rematou fóra por pouco. Os locais puideron marcar nunha xogada precedida dunha indecisión de Óscar que terminou rexeitando Moncho.
Na reanudación o xogo foi máis de ida e volta, cun equipo local máis agresivo e un Sta. Comba algo precipitado nas súas accións. Con todo, Santi, Pablo e Iván tiveron claras ocasións de sentenciar o choque. Como non o fixeron, o cadro local tivo opcións de empatar ata o final, dispoñendo dalgún acercamento perigoso aos dominios de Óscar.
Ao final, 3 puntos que suma o Sta. Comba e que lle serven para afrontar os vindeiros encontros con tranquilidade, nos que recibirá ao Calasancio e viaxará a Monterroso, sen dúbida dúas complicadas pedras de toque para empezar a calibrar o verdadeiro potencial do cadro de Tras do Novo.
———
Volver