CEA FIN DE TEMPADA
24.05.2009 16:27Onte,no restaurante Torre de Nuñez tivo lugar a cea de fin de tempada onde tódolos asistentes disfrutaron dunha cea agradable e cunha pizquiña de bo humor para poñer colofón a tempada 2008-2009.
Viviuse un ambiente distendido onde Diego recibiu o trofeo ao máximo goleador do clube,
e ademais Tolín e Pata recibiron sendos agasallos pola súa traxectoria no clube.Ademais,tamén houbo uns premios especificos para cada xogador,que era unha medalla,previa definición en clave de humor.
En definitiva,cerrase unha tempada que máis alá dos éxitos deportivos ou non,demostrase que o esencial é manter o bó ambiente que reinou ata altas horas.
———
Volver