empate no diluvio

29.11.2009 00:10

STA. COMBA 2 – AT MURALLA 2

 

STA. COMBA: Óscar, Rafa, Adrián, Moncho, Leandro; Pibe, Lucas (Emilio 75´), Manu, Joaquín (Iván 55); Diego (Cupeiro 68´) e Pablo.

 

AT. MURALLA: Adrián, Santa, Iago, Borja, David; Cela, Moreno (Rubén 72´), Bruno, Javi; Guillermo e Dani.

 

ÁRBITRO: Rodríguez Ledo (Monforte)

CA: Locales Adrián e Moncho, visitante Moreno.

CV: Visitante Santa

 

GOLES: 1-0 Diego 25´ / 1-1 Moncho (p.p.) 37´ /  1-2 Dani 65´ / 2-2 Pablo 85´

 

O Sta. Comba suma unha xornada máis sen coñecer a victoria como local ó non pasar do empate (2-2) diante do At. Muralla, nun encontro bastante condicionado polo estado do campo, que terminou moi embarrado pola constante chuvia caída.

Os dous conxuntos iniciaron o choque con bastantes precaucións defensivas, de aí que non houbera moitos sobresaltos en ambas porterías nos primeiros compases. No minuto 25 o local Diego aproveitou un balón solto na área visitante para batir a Adrián. Co 1-0 favorable o Sta. Comba parecía que controlaba o xogo sen problemas ata que un balón aéreo que non levaba perigo foi peiteado para atrás por Moncho, de xeito que acabou nas redes de Óscar. Co empate chegou certo descontrol local que durou ata o remate da primeira metade.

Na reanudación, co Sta. Comba máis incisivo, chegou outra xarro de auga fría. Un lanzamento lonxano de Dani superou a Óscar e co 1-2 chegaron de novo as présas para os locais. Despois de moito porfiar con máis corazón que claridade de ideas, o Sta Comba acadaría o empate nunha embarullada xogada na liña de gol de Adrián, con continuos rexeites e algunha que outra man polos dous bandos, ata que Pablo logrou marcar. Sinalar que nesta xogada foi expulsado o visitante Santa por dar unha patada a un contrario, aínda que parece que foi outro compañeiro o culpable dadas as súas protestas. Os minutos restantes foron de máis acoso do Sta. Comba pero o marcador xa non se moveu.

Se a semana pasada fomos bastante críticos coa actitude do equipo, neste caso nada que reprochar. O Sta. Comba quizáis fixera algo máis de méritos para sumar os tres puntos. Sumou máis chegadas, cun tiro ó longueiro de Pablo, aínda que  desaproveitou bastantes xogadas a balón parado por erros nos lanzamentos. En fronte tivo un At. Muralla con oficio que sacou moito rendemento das súas xogadas de ataque.

Parece que a  igualdade vai ser a nota dominante neste grupo 7º de 2ª Autonómica, polo que sumar os tres puntos do partido atrasado contra o Arenas vai ser máis importante do que se presumía fai unhas xornadas. E, a partir de aí, serenar os ánimos e tratar de asentar unha base no xogo para ir mellorando e, sobre todo, desterrar esa ansiedade que parece que nos roe cando as cousas se torcen nos partidos.

Para rematar, unha opinión persoal que está bastante mal vista nos tempos que corren, dados os éxitos do tiqui-taca, pero que un pensa que aínda ten moita vixencia: os equipos competitivos ármanse partindo dunha boa defensa. Despois vanse engadindo os pisos. Exemplo, o equipo que mellor fútbol fai na actualidade tamén é o que recupera o balón con maior prontitude, e dicir, é o que mellor defende. Adiviña, adiviñanza.

                                  

Volver