S.C.D.SANTA COMBA 5 - SPORTING LUCENSE 2

24.08.2009 01:08

Ríchard

 

Saúdos a todos e noraboa ao administrador pola magnífica páxina da SCD. Santa Comba que xa funciona a todo gas.

Primeiro partido da pretempada que rematou coa victoria do Santa Comba por 5-2 diante do Spórting Lucense de 3ª Autonómica adestrado por Domingo.

O cadro local formou de inicio con Pablo, Marcos, Leandro, Moncho, Adrián; Lucas, Pibe, Cupeiro, Rafa; Asier e Diego. Tamén xogaron Emilio, Santi e Pupus.

O encontro foi o típico destas datas, con pouco ritmo e moitas probaturas, no que o de menos foi o resultado. Os goles locais foron obra de Pibe (3), Emilio e Santi, xogadores estes últimos que debutaban no Sta. Comba. Os goles visitantes foron obra de Manu e José Luís.

Salientar como nota positiva o acerto goleador de Pibe e como dato negativo a lesión de Moncho, cunha ferida nunha cella. Engadir que foi na segunda metade cando o cadro de Xaime pechou a goleada e trenzou as mellores xogadas de ataque.

A tres semanas do inicio da competición queda tempo dabondo para correxir defectos e, se é posible, sumar algún reforzo máis para apuntalar os postos que Xaime, o adestrador, considere necesario.

O vindeiro domingo novo partido fronte a UD. Lugo co trofeo San Ramón en xogo.

 

Volver