S.D.C.SANTA COMBA 4 - FC BONXE 2

06.09.2009 06:00

Ríchard

No último encontro de pretempada o Sta. Comba gañou por un claro 4-2 ao Bonxe FC, equipo do grupo norte de 2ª Autonómica.

O primeiro gol local foi obra do debutante Joaquín ao aproveitar no segundo pao un lanzamento de falta de Pablo. Pouco despois chegaba o segundo gol dos locais, un magnífico tanto anotado por Santi que sorprendeu cunha perfecta vaselina a un adiantado Luís. Ramón acortou distancias de tiro cruzado nunha internada pola esquerda do seu ataque, que coincidía coa banda máis débil do cadro local a nivel defensivo, na que Mouriz e Pupus tiveron moitos problemas. O 3-1 foi obra de Moncho, que peiteou cara atrás outro lanzamento a balón parado superando por enriba, outra vez,  a un descolocado Luís, resultado co que se chegou ao descanso.

Na reanudación, Cobas gañoulle a espalda a defensa local noutro balón aéreo e, diante da media saída de Óscar, marcou de cabeza para apretar o marcador. O último gol local foi un regalo de Luís que, nun semirexeite dunha falta, deixoulle a Joaquín o balón nos pés, quen só tivo que empurralo. Desde logo que non foi o día do cancerbeiro visitante.

Como aspecto positivo destacar a facilidade do Sta. Comba para "fabricar" goles con pouca elaboración previa, xa que a efectividade, tanto a balón parado como pola calidade de certos xogadores, segue sendo moi alta. Eso si, en fronte tivo un Bonxe que, polo visto hoxe, non se parece en nada o rochoso equipo doutras tempadas.

Como dato negativo, anotar a insistencia dos dous equipos en xogar balóns en zonas do campo con moito tránsito, o que propiciou un xogo demasiado embarullado por momentos e con pouca disciplina posicional. E, para rematar, subliñar a importancia das xogadas de estratexia no fútbol actual e a alta porcentaxe de goles que se anotan con elas.

Volver