Historia

A historia do clube preséntase en dúas fases e a primeira remóntase aos anos 60, onde se coñece que a entidade, pese a non estares federada,disputaba xa os seus primeiros encontros.

 

Pero foi na década dos setenta cando entran na primeira competición organizada,aínda que non federada,pero serve como impulso para que,no ano 1978 a S.C.D.Santa Comba debute como clube federado na Liga da Montaña,na que tamén competían equipos da Coruña ou Pontevedra,como por exemplo o Clube Deportivo Lalín.

 

O clube comezou coma tódolos demais,con moita ilusión,e sobre todo, nos primeiros anos contou con adestradores de distinguida categoría como José Luis Escamilla, Pepe Rocha ou Gabino Carballo Patao,e con xogadores da talla de Fabriciano González, máis coñecido como "Fabri",que ten una dilatada traxectoria coma adestrador en clubes como o C.D.Lugo,o Nástic,Logroñes,Lleida,Manlleu,Elxe,Murcia,Almería, Huesca,Burgos ou Alavés entre outros,colleitando diversos éxitos e incluso chegando a adestrar na 1º División.

No ano 1983,o clube fai historia acadando o primeiro ascenso a 1º Rexional nunha gran campaña,aínda que descendería ao ano seguinte .

Curiosamente,e tan só dous anos do primeiro ascenso,a S.C.D.Santa Comba escribía unha das páxinas máis escuras da súa historia ca desaparición do clube,que non reapareceu ata o ano 1998,na que volvería a competir na 2º rexional.

Dende este ano,o clube foi alternando boas campañas con outras máis discretas ata que na temportada 06-07 o Santa Comba acadou o título de liga e o ascenso de categoría,da que volvería a descender ao ano seguinte.

Na actualidade o clube seguirá competindo na Segunda Autónomica ca axuda da directiva,especialmente de "Ríchard" e "Tolín",pero sen desmerecer a gran labor desinteresada do resto da directiva e dos socios e xogadores que compoñen esta entidade.