9 Xornada de liga

06.11.2009 00:15

O vindeiro Domingo,ás 16:15 horas, a S.C.D. Santa Comba visitará o campo "Os Chacotes" para medirse ao C.D. Palas,rival que virá ca moral polas nubes logo de derrotar na xornada anterior a un dos posibles candidatos ao ascenso como o Polvorín.

Ós nosos, logo de vencer en Laxosa, buscarán seguir coa boa xeira fóra da casa,e tamén vencer nun dos campos malditos,onde só se conseguiu vencer unha vez dende a nova xeira da S.C.D.

Por outro lado,acadar 3 puntos tamén sería importante para non perder o ritmo que están a poñer na cabeza a C.P.Calasancio, o Taboada C.F. e a S.D.Monterroso.

Volver