Entrevista a Moncho,capitán da S.C.D.Santa Comba

16.06.2009 23:32

Hoxe temos o pracer de inagurar a sección das entrevistas con todo un buque insignia da S.C.D. Santa Comba, o gran capitán “Moncho”,que nos presta un pouco do seu tempo para inagurar esta sección,ademais de coñecelo algo máis a nivel persoal,e tamén nos abre as entrañas da S.C.D.Santa Comba,12 tempadas no clube aválanno.Aquí o tedes,a sinceridade personificada e coas ideas moi claras,Moncho en estado puro:

Boas Moncho,ca tempada xa rematada,¿que balance fas do curso 08-09 da S.C.D.Santa Comba?

A priori, vendo o equipo co que partiamos foi unha tempada mala, pero logo de ver os contratempos cos que contamos a nivel de lesións de xente importante, de problemas de traballo de outros e dos escasos entrenos que se fixeron o longo do ano digamos que non foi tan mala. Quedame pena por saber donde estariamos realmente sen estos contratempos, igual celebrando algo. Ja,ja

 

Quen sabe jeje..¿E a nivel individual supoño que unha tempada digamos atípica non? 8 goles dun central...

Foron 7 en liga e un en copa. Bueno foi un dos anos que máis goles marquei, tamén é certo que nos sacámoslle moito froito o balón parado e eu sempre me prodigo nesas xogadas, o cal e mais fácil marcar algun gol que outro. Temos verdadeiros especialistas sacando ese tipo de xogadas como e o caso de Adrián e Pablito.

E cambiando de tercio,este ano especulouse moito ca desaparición do clube e incluso ca túa retirada ¿despois do ascenso fai dous anos,cambiou tanto a situación como para chegar a esa situación?¿Que foi o que pasou para que a situacion cambiara radicalmente?

Home despois dun descenso o equipo queda bastante desmoralizado, e è moi fácil que se non se fan ben as cousas tenda o abandono e a desaparición. Aquí quedando a mayoría da xente do ano anterior e evidente que as cousas non se fixeron ben, faltou involucración dos xogadores no novo reto que se presentaba de retomar a categoría perdida, faltou involucración do trainer e tamen faltou involucración da directiva. A tempada avanzaba e o equipo deixábase ir, gañaba partidos porque algún era imposible non gañalo aínda xogando con 9, pero a desgana era latente.Todo o mundo ( directiva, trainer, xogadores) a súa maneira estaba descontento e non querían seguir con esta situación, divisábase un futuro escuro, pero demostraronse uns cementos sólidos e despois dun par de reunións da directiva, o equipo colle outro rumbo, creo personalmente que se lle deu unha nova cara o equipo.

No meu caso, recoñezo que acabei un pouco desganado, pero a decisión era ademais de que pensaba e penso que hai un tempo para todo e o meu tempo para o fútbol esta caduco, teño algún que outro problema laboral que non me vai permitir dedicarlle o tempo que eu quero o futbol, e baixo o meu punto de vista ter xogadores que non estén en entrenos ou partidos merma o nivel do grupo.

E agora,para a 09-10 borrón e conta nova,adestrador novo,novos xogades,uns que quedan e outros que van,¿que esperas da proxima tempada?
A veces os cambios son bos ( non sempre ), tamén creo que este equipo necesitaba un cambio, ábrese unha nova etapa con novo míster, a maioría de nos non o coñecemos, promete traballo a esgalla e polo que se comenta os entrenos non son precisamente peritas en doce, para nos esto e bo xa que vimos dunha tempada sen apenas esforzo físico e creo que e necesario ter unhas mínimas condicións para competir. En canto as baixas e altas, cada tempada e o mesmo, e certo que marcha xente importante do club pero espero que a que veña axude a engrandecelo como tal.

A nivel persoal que esperas da nova tempada,¿que obxectivos te marcas?
A nivel persoal antes de empezar a campaña sempre pensas en facer unha boa campaña, en ser importante para o equipo ou intentar superar rexistros da campaña anterior, logo a medida que avanza podes sufrir algun contratempo que pode mermar estos obxectivos, por eso sempre me gusta marcar obxectivos a nivel de equipo, e como e evidente, acordome dunhas palabras de pablito que decian: “ desde que pruebas la miel…”, creo que todos temos en mente cal e o obxectivo do equipo.

E que me dis do posible grupo do ano que ven,porque haberá varios galos… que convirten esta liga nun grupo moi atractivo,¿pode ser a 2º autonómica máis interesante dos últimos anos?

Eu creo que cada ano que pasa a segunda e máis forte e a terceira queda máis debilitada e se a esto lle sumamos que antes en categorías superiores estaban o Lugo, Milagrosa, Sagrado, Polvorín.. E agora está o Lugo e a Milagrosa, todo o demais está en 2 ou 3 rexional, pois o nivel desta categoría aumenta o mesmo ritmo que o fracaso destes equipos chamados a estar en categorías superiores cunha pesima política de canteira, así están donde merecen.Antes de empezar a competición sempre se mitifican algunos equipos “ aquel ten un equipazo, o outro fichou tal e tal”, despois hai que velos no campo, e durante unha campaña podes sufrir moitos contratempos, como exemplo estamos nós que raramente tiñamos 12 xogadores o domingo. De todas formas este ano si é certo que os equipos que subiron non son ninguna banda e isto sumandillo o que xa hai pois fai unha competición máis nivelada da cal eu son mais partidario. É moito mais interesante.
 

¿Que lle di a Moncho ,despois de 12 tempadas, toda unha vida no clube,as palabras S.C.D.Santa Comba?

Evidentemente, levo moito tempo aquí, estou plenamente integrado e cando o deixe seguirei involucrado no equipo ( non sei de que forma, pero seguirei). Cando empezei estaba a mesma directiva que segue ahora, son consciente dos traballos que pasaron para poñer o equipo a flote, as dificultades que tuveron. Por aquí pasaron moitos xogadores e adestradores, e creo que ninguen pode falar mal da S.C.D. como institución, sempre foi exemplar ( seguro que algún non pensa o mesmo de min, pero…).

En canto o equipo en si, sempre se foron conseguindo os obxectivos, evidentemente non sempre se loitaron polas mesmas metas pero sempre se sacou a tempada adiante con solvencia. Ata aquí foi un equipo férreo, contundente e moi difícil de gañar sobre todo na casa,creo que son as señas de identidade do clube.

En 12 anos supoño que haberá lugar para momentos inolvidables,e outros non tanto.Veña,mollate e dime un día de tódolos que viviche nun terreo de xogo algo que se che quedara nas retinas para sempre e outro día que desexarías borrar da túa memoria.
Evidentemente teño moitos, pero case sempre te acordas dos mais recientes. Un bo día foi o partido Páramo – Santa Comba, xogabamonos prácticamente o ascenso e non eramos os favoritos, habia pegados carteles por tódalas poblacións limítrofes para apoiar o Páramo. De perder acercábase o Baleira a 1 ou 2 puntos e tamén se alonxaba o Páramo no 1º posto. Pois ben,o típico, campo cheo, ambiente hostil, os típicos insultos (como me gusta xogar)….. resultado 1-3, ese día gañamoslle o partido, golaverage e creo que hasta a moral, foi o día que nos demos conta que si, ibamos a ser equipo de 1ª, e iso que quedaban puntos por xogar . Non perdemos os seguintes partidos e fomos campeons de grupo. Mentiríache se non che digo que me acordo de ese día especialmente porque marquei 2 chicharros.

E o malo…. 
Quizais teñen que ver coas lesións (ligamentos, esguinces, rotura pómulo), fai 2 anos, lesioneime en pretempada e non puiden debutar en primeira ata a xornada 8. Foi un contratempo que en principio ía ser un par de semanas e logo foise demorando ata tal punto que non vía a saída do túnel. Tivome en vela esta lesión, e pa máis INRI tiña o meu colega Porto vaticinandome que igual non me recuperaba,que dudaba se sería un problema no menisco ou un problema da “pata de ganso”. ¿ Que fisioterapeutas temos para o futuro?. Estou como un roble, nada de menisco, ni de pata…..

Outro mal momento foi o descenso, pero foi unha sensación rara, descendemos por arrastres e aínda condo acabou a liga non sabíamos exactamente se descendíamos, podía desaparecer un equipo ou non, quedou un pouco no aire,e deume mais tempo a masticalo e asimilalo.

E Moncho reflexiona…

Os momentos bós superan con creces ós malos, as risas e satisfacións que teño pasado no fútbol son superadas por poucas cousas na vida…

E xa para finalizar…Ti dende a tua posición de capitán,¿que pode ofrecer a S.C.D.Santa Comba distinto a outros clubes para decantarse a xogar alí?

En Santa Comba e fácil integrarse, o grupo humano e simplemente excepcional, a nivel directivo danche todo tipo de facilidades ( menos económicas), o resultado esta ahí, a mayoría da xente que veu foise quedando e non sei de ningún xogador que se fose por problemas co resto dos integrantes da plantilla. A miña opinión pode ser moi subxectiva, pero creo que e a realidade. Tamén é certo que este ano entre outras cousas perdeuse o “espíritu parrillada”, moi importante durante estos anos e donde houbo verdadeiros momentos do bon humor. Recuperarémolo, seguro.

 

Por suposto que sí,moitas gracias polo teu tempo Moncho.

 

 

Volver