Entrevista a Pablo

21.07.2009 22:21

Hoxe temos con nós a Pablo,outro dos xogadores máis carismáticos do clube,que nos cede un pouco do seu tempo para falarnos das súas experiencias na S.C.D. Santa Comba,e tamén deixanos coñecelo un pouco máis como persoa.

Bueno Pablo,eres outro dos veteráns da S.C.D.Santa Comba,¿que ofrece o clube para que,a túa idade,señas un dos capitáns e un tamén,se non me equivoco,o segundo máis veterán do plantel?

Si iso parece, pouco a pouco funme facendo un dos veteranos do equipo. Non che sabería ben que contestar, supoño que dende que cheguei ó equipo, aló polo ano 2001, sempre me atopei moi contento no clube, houbo bo ambente entre os xogadores, e a directiva sempre se esforzou dentro das súas posibilidades por ter contentos ós xogadores. Podería dicir que ningún dos ex-xogadores da SCD poderá dicir nada malo do clube e creo que isa é a clave para estar tanto tempo no clube.
 
¿Ata cando teremos "pablito" no mundo do futbol?
 
Paréceme que me queres botar do futbol eh?¿¿ jajaja... Se teño que ser sincero isa é unha decisión que me reservó para mín, comezo a ter claro cando chegará ese momento.
 

Que va,non te boto, aínda jeje.Pero en todo este tempo,e iso é innegable,convirteste nun xogador básico no clube,protagonista destacado do ascenso,etc.¿como se dixire un ascenso nun clube pequeno coma a S.C.D.Santa Comba?
 
Non para nada destacado... un máis, ese ano foi o que voltei despois dun ano lesionado e máis ben non comezei a xogar ata a segunda volta, así que moito non puiden destacar, jajajaja... Había un moi bo grupo de compañeiros e xogadores que foi o que nos levou a poder gañar.
 
O ascenso foi algo moi bonito, algo que creo que merecemos,ainda que tamén penso que tivemos a chamada sorte dos campións en determinados partidos, que os gañabamos simplemente por inercia non por merecelo...
Pero cando nos xogabamos algo importante contra os rivais directos dese ano: Páramo, Baleira e Sober non fallamos e iso deunos moita moral para poder chegar a gañala liga...


E para variar…Ahí vai una das preguntas que me gustaría que respondeses claramente…Na anterior entrevista a Moncho,falounos un pouco do cambio que houbo dende o ascenso ata esta tempada rematada,¿que opinion tes ti sobre o que pasou no clube? ¿ e verdade que estivo tan cerca de desaparecer como se di?

 Na miña opinión xa se fixeron mal as cousas dende que se ascendeu á Primeira Autonómica e se encima lle engades a mala sorte de lesións que tivemos ese ano pois todo compricase moitísimo. Índa con todo iso no equipo nunca houbo mal ambiente entre os xogadores, todo o contrario tiramos para adiante e competimos con bastante dignidade na miña opinión, vistas tóda-las circunstancias que rodearon ó equipo. De feito cun poco de máis de sorte non desceríamos. Pero bueno as cousas foron como foron e non quedou máis que aceptalas.
 
En referencia ó acontecido este ano, hay que dicir que xa comezou todo mal dende á cea de despedida do ano anterior, ningén esperaba o acontecido(índa que hay rumores de que había xente da plantilla que estaba ó corrente da situación) e xa comezou todo moi viciado. Sen pretempada, con poucos xogadores, xente que se foi, case sen entrenar en todo o ano, a xente estaba moi queimada e houbo moitas posibilidades de que o clube desaparecese, quizais dende que estou no clube foi o ano que maior perigo vin de que eso acontecese. Pero ó final puidose dar un xiro á situación, demostrouse que non eramos tan mal equipo como pareciamos e todo volveu ó seu cauce.
Lástima os danos colaterais que quedaron na plantilla, pero a vida segue adiante e non queda outra que mirar ó futuro.
 
 
E xa pensando na tempada 09-10,altas e baixas...¿en que grao notara o equipo as baixas de cara a nova tempada?
 
O que está claro que a xente que marcha ata o de agora era xente importante para o equipo, xente que levaba xa tempo no clube, xente comprometida e que lle daban nivel á plantilla. É unha lástima porque perderonse grandes xogadores, compañeiros e amigos.  
 
O que se noten esas baixas estará en función da xente nova que veña ó clube, pero como ata o de agora non se sabe moi ben que xente virá tampouco podo dar unha opinión moi acertada ó respecto.
 

 

 Ti poñendote na pel dun adestrador,¿que prototipo de xogador encaixaría nos esquemas da S.C.D.?
 
Simplemente un xogador comprometido co equipo e cos compañeiros, que faga grupo, que é unha das cousa máis importantes nun equipo e que lle guste vir entrenar ó 100%. Creo que con iso encaixaría perfectamente na SCD.
 
 
E falando un pouco do teu rol no equipo,¿como se define pablo como xogador?(non vale dicir que eres un consumado lanzador de faltas que xa o sabemos jeje)

Jaja. Iso das faltas xa vai a menos, case non podo con balón. Non sería eu o máis adecuado para definirme coma xogador, simplemente intento facelo o mellor posible cando xogo, dar todo o que teño dentro e loitar pola victoria. Non sabería que máis dicir.
 
 
Ademais,nos últimos anos quixéronte case converter nun xogador comodín,xogando de case todo,¿isto da igual mentres xogues,ou sinteste máis agusto nalgunha
demarcación en concreto?
 
Si a verdade é que dende que cheguei ó Santa Comba teño xogado en moitos postos, pero coma ti dis o importante é xogar e axudar ó equipo. Certo que hai postos nos que sinto máis cómodo que neutros; pero o que quero é xogar e se me toca xogar nun posto no que non estou afeito pois non queda outra e fareino o mellor que poda. Para dicirche a verdade no fondo gustame ser coma un comodín para o equipo, é unha sensación moi bonita axudar ó equipo onde faga falla.

 

¿Que te levas ti de bon do mundillo este do futbol rexional? ¿E pola contra,que cousas te parecen malas para o futbol nestas categorías?

Sen dúbida algunha os amigos que fixen en todo este tempo é o mellor que me levarei deste mundo cando remate.
Malas non sabería que dicir, hai cousas malas como en tódolos lados pero non podería mencionar ningunha nestes intres.
 
 

 E para rematar,algo máis que queiras engadir...
 
Nada máis compañeiro espero que guste a entrevista ós internautas da páxina e vémonos en breve... Saudos a todos e tamén ós resquemorosos......

Volver