Os amigables desta semana
01.09.2009 23:32O vindeiro Xoves día 3 de Septembro, ás 21:30 da noite no noso campo,a S.C.D.Santa Comba enfróntase ao Talleres Miki,equipo da liga local de veteráns,no que militan algunha das vellas glorias do fútbol lucense,e dende logo que será un rival a ter en conta.
E dous días despois,e tamén coma locais,recibiremos ao F.C. Bonxe,clube que milita no grupo 6 da 2ºautonómica,no que posiblemente seña o derradeiro partido da pretempada.
A S.C.D. Santa Comba tratará de mellorar a imaxe discreta que leva dando nas dúas primeiras actuacións que ,pese a gañar,non convenceu de todo o seu xogo.
Estes dous partidos de seguro que lle servirán ao adestrador dos roxinegros,a aclarar algúns aspectos de cara a primeira convocatoria da liga,e a seguir correxindo erros.
———
Volver