previa xornada 17
14.01.2010 23:59O colista visita Santa Comba
Este domingo día 17,ás 16 horas en Tras do Novo, a S.C.D.Santa Comba xoga o seu primeiro partido de 2010 na casa ante o colista A Barrela C.F.
A desputa do partido aínda esta un pouco na picota debido a un posible temporal de choiva e vento que pode azoutar a comunidade galega,o que suporía a segunda suspensión da xornada consecutiva.
Visita Santa Comba unha Barrela afundida na táboa,apurando xa as súas opcións de permanencia,xa que cos posibles arrastes fan da súa salvación case unha quimeira,pero o seu favor destacar que 4 dos 5 puntos que ten foron ante o líder Calasancio e a victoria ante a Residencia.
Os locais, esperan refrendala súa mellora de xogo e actitude ante un rival que de seguro será correoso,e tentarán sumar 3 puntos para centrarse nunha parte da tempada que marcará de seguro a situación final na táboa.
———
Volver