Santa Comba 2 - Sober 0

20.12.2009 21:45

Un sabor doce para as vacacións do nadal

 

SCD SANTA COMBA  2      CD SOBER  0

 

STA. COMBA: Óscar, Marcos, Adrián, Moncho, Rafa; Pibe, Lucas (Emilio 86´), Manu, Pablo (Joaquín 65´); Diego (Asier 79´) e Iván.

 

CD. SOBER: David, Óscar, More, Gonzalo, Casanova (Troiti 74´); Breo (Nico 90´), Albino (Valdés 88´) , Johnny, Javito; Pedro (Fidel 65´) e César (Jesús 68´).

 

ÁRBITRO: García Puente (Lugo).

CA: Local: Adrián  / Visitante: Johnny

 

GOLES: 1-0 Iván 57´ /  2-0 Iván 70´

 

O Sta. Comba, con dous goles de Iván, obtivo un meritorio triunfo diante do sempre difícil Sober que lle permite, aparte de sumar tres importantes puntos, esquecer o mal sabor de boca que lle deixara a derrota e o mal partido da anterior xornada contra o Castroverde. Contra un rival serio e ben clasificado, o equipo de Xaime xogou un bo partido, de menos a máis ó longo dos 90 minutos, con ocasións para incrementar o marcador e sen que o rival inquietara en exceso a portería de Óscar.

Saíu máis centrado o Sober nos primeiros minutos, sen que os locais atoparan o seu sitio no campo, caendo en bastantes imprecisións. Pouco a pouco se foi asentando o Sta. Comba e igualando o choque. Ó descanso chegouse con empate a cero porque Iván, só diante de David, non aproveitou un pase de Manu tras un roubo en medio campo que pillou á defensa visitante descolocada.

Na segunda metade os locais foron claramente superiores. Iván marcou o primeiro ó aproveitar un balón longo que superou a David, Diego tivo outra moi clara e Iván, outra vez, anotaría o segundo nunha magnífica xogada do ataque local, con Diego e Joaquín como protagonistas. Nos minutos finais o Sober tratou de irse arriba, pero as mellores ocasións seguirían sendo para os locais.

Non cabe dúbida de que se poden mellorar certos aspectos do xogo, agora ben, cando se sae coas ideas meridianamente claras e todos somos partícipes delas, o rendemento do equipo mellora considerablemente. Quizáis o bo deste resultado sexa constatar esto último, que todos podemos axudar moito máis ó equipo se nos poñemos o seu servizo, buscando menos o protagonismo individual, porque o equipo tamén nos vai facer mellores a nós. Como botón de mostra sirva o traballo dun tal Diego, rodeado de torres por todas partes pero aguantando o tipo e facilitando camiños para que un tal Iván se escorrera cara a portería de David. Non lle fixo falta marcar para ser importante para o equipo.

Un exemplo entre outros, os que menos xogan, que tamén son tan valiosos coma os que disponen de máis minutos, porque entre todos formamos eso, un equipo. Seguro que chegará o seu momento, ¿verdade Rafa?

Esperemos que este partido nos marque o camiño a seguir.Bo Nadal a todos e todas.

 

Volver