Santa Comba 2 - Taboada 2
25.10.2009 22:19Ríchard
Con faciana de tontos quedaron hoxe pola tarde en Tras do Novo xogadores, corpo técnico, directivos e partidarios en xeral da SCD Santa Comba, mentras que a ledicia embargaba ao equipo contrario, o Taboada CF e aos seus xiareiros, xa que acababan de empatar un partido que perdían por 2-0 faltando 10 minutos, xogando con dez xogadores desde o minuto 8 e con só nove do 63 en adiante. Noraboa para eles porque nunca baixaron os brazos e buscaron o empate sen renunciar ao seu estilo de fútbol e xusto o adxectivo de “fenómenos” que lles lanzaban desde a banda algúns dos seus compañeiros.
Como esta crónica empezou polo remate será necesario explicar os pasos previos ao comentado desenlace. O Taboada iniciou o encontro cun alto ritmo de xogo pero un saque longo de Óscar e o encontronazo entre Diego, un defensa e o meta Roi deu lugar a un remate dos locais que o central Castro rexeitou coas mans, coa conseguinte expulsión e penalti que transformou Adrián. Pouco despois un lanzamento de falta de Pablo foi tocado por Moncho para poñer un 2-0 que deixaba a cousa bastante clara para os locais. Destacar que Moncho, indisposto, tivo que deixar o seu lugar a Asier no minuto 30.
Na reanudación o Taboada tirou para arriba e o Sta. Comba recolleu a luva: partido aberto, de ida e volta, coas liñas moi separadas, todo o que non lle conviña ao cadro local. Desa situación os de Xaime sacaron boas ocasións que non aproveitaron para pechar o partido, pero tamén deixaron espazos para que os visitantes, cun magnífico Mosqui, se pudieran acercar aos dominios de Óscar. Un penalti absurdo (e van…) de Pupus aproveitouno Nico para recortar e, pouco despois, cos locais completamente desbordados, Nico, outra vez, de tiro desde fóra da área, establecía o empate. E do mal o menos porque aínda tiveron outra boa ocasión para levarse os tres puntos.
Desta maneira se despediciou unha boa ocasión para sumar a primeira victoria da tempada como local e para engancharse aos postos de arriba da clasificación. Como dato negativo sinalar a falta de reacción a nivel anímico cando o Taboada marcou, dando unha sensación de impotencia bastante negativa. Pero tempo haberá para correxir erros e para seguir sumando puntos.
———
Volver