SCD Santa Comba 1 - SD Monterroso 6
31.01.2010 21:59O Monterroso humilla a un indolente Santa Comba
Ríchard
O Monterroso demostrou a súa condición de claro aspirante ó ascenso de categoría goleando ó Sta. Comba a domicilio. O contundencia do marcador non deixa lugar a dúbidas sobre a superioridade do cadro visitante, que sentenciou o choque nunha primeira metade na que xa logrou catro goles.
O partido decantouse do lado visitante nos primeiros 25 minutos nos que, curiosamente, o Sta. Comba xogou os mellores minutos facendo méritos, incluso, para igualar o 0-2 en contra co que se atopou en poucos minutos. Falta de acerto no remate, algunha xogada dubidosa na área visitante e fallos defensivos deron ó traste coas aspiracións do cadro de Xaime, ó que se sumou o tanto de Guerreiro no minuto 25, cando mellor xogaban os locais, que deixou o partido prácticamente decidido.
A segunda metade sobrou por completo, xa que os locais apenas inquietaron a portería defendida por Alberto. Pola contra encaixaron outros dous goles, un de Luisiño (o terceiro da súa conta) e o último de Luís que, curiosamente, entrara polo goleador.
Como valoración do encontro engadir que o Sta. Comba mantén a súa liña de regalar goles que logo pesan como lousas e que hoxe foi quen de facer fronte ó Monterroso só no primeiro cuarto de hora, ata que o “tridente” formado por Guerreiro, Fernando e un inspiradísimo Luisiño impuxeron a lei da súa calidade. Por pouco que o fagan ben os de Sindo deben ascender de categoría porque plantel e calidade teñen de sobra.
Despois de encaixar sendas goleadas cos dos primeiros da táboa, empeza para o Sta. Comba a súa liga, xa que, a partir de agora, veñen os enfrontamentos cos rivais asequibles, polo menos en teoría. Veremos o que pasa.
———
Volver