SCD Santa Comba 2 - SD Laxosa 1
01.04.2010 22:58A SCD Santa Comba reencontráse ca victoria pese ao mal partido disputado
O Sta. Comba, nun mal partido, superou por 2-1 a un Laxosa que estivo moi cerca de levarse tres puntos vitais na súa loita por salvarse do descenso. O cadro local voltou a amosar a faciana doutros traspés anteriores como anfitrión: pouca intensidade, menos concentración e momentos de total descontrol, sobre todo co marcador en contra. Como lectura positiva queda unha victoria máis e os deberes feitos para visitar o vindeiro domingo ó Polvorín, rival diante do que teremos que dar bastante máis para manter o tipo. Aí, seguro que saímos coa motivación adecuada.
A primeira metade deu pouco de si, destacar dúas accións de Diego, unha na que se entretén e posibilita a chegada de Michel para cortar o seu avance e outra na que chuta alto. Tamén Lucas rondou o gol pero a xogada terminou en córner. O Laxosa apenas inquietou a Óscar.
A reanudación foi algo máis movida. O primeiro aviso chegou cun remate de Pablo ó longueiro. Pouco a pouco o Laxosa empezou a crear perigo cun Carlos excelente movéndose entre liñas e buscando a espalda da defensa, axudado por David e Trigo polas bandas. O 0-1 chegou nunha xogada na que Carlos lle rouba a carteira a Leandro e se anticipa a Óscar para marcar. Pouco despois David perdoa nun remate de cabeza que sae fóra. Son momentos de total desconcerto dos locais, perdidos no medio e coa defensa facendo augas coa mobilidade de Carlos. Pero con esta situación chegaría o gol do empate, un balón polo que porfía Diego (que arranca en fóra de xogo), o balón queda solto dentro da área e Pablo marca. O 2-1 é un córner directo de Pablo que David acaba de desviar ó fondo das redes dun superado Esteban. O Laxosa perdoaría o empate noutra boa xogada de David, recorte e tiro, pero un providencial Óscar rexeitou o balón.
Con catro xornadas que disputar e outros tres puntos aínda no aleiro, a situación podemos concluir que é definitivamente tranquila. O que a un non lle parece tan ben son as actitudes de autocomplacencia que, ás veces, difuminan a autocrítica. Parece que nos conformamos con facer as cousas regular, simplemente porque nos abonda con elo. Saír hoxe dormidos e o domingo a tope non me convence, porque os partidos coma os de hoxe son os que nos teñen fóra da loita por outros obxectivos.
———
Volver