SCD Santa Comba 2 - SD Paradela 3
12.10.2009 06:05
Ríchard
STA. COMBA: Óscar, Leandro, Adrián (Rafa 46´), Moncho, Pibe; Marcos, Asier (Pupus 76´), Cupeiro, Lucas (Diego 58´); Iván e Pablo .
SD PARADELA: Iván, Martín (Chousa 66´), Ito, Javier, Adri; Luís, Vila (Roca 88´), Raúl, Román; Rubén (Pablo 89´) e Rigo (Vázquez 68´).
GOLES: 0-1 Adri 20´ / 1-1 Pablo 37´ / 1-2 Rubén 45´/ 2-2 Moncho 50´/ 2-3 Raúl 60´
ARBITRO: Lamas Vázquez (Monforte) . T A: Cupeiro (78¨), Pupus (88´)
O Sta. Comba perdeu a súa condición de invicto ao caer en Tras do Novo por 2-3 diante da SD Paradela, nun partido no que sempre foi a remolque no marcador.
O encontro parecía empezar ben para os locais, xa que nos primeiros minutos protagonizaron incursións moi perigosas arredor da meta de Iván, pero eso non foi máis que un espellismo xa que as ideas foron desaparecendo para dar paso a un xogo cheo de precipitación e desacerto. A primeira mostra foi unha innecesaria falta ao borde da área que Adri colocou pola escadra dereita de Óscar. Pablo aproveitou unha indecisión defensiva do Paradela para empatar e, no minuto 45, un penalti cometido por Pibe foi transformado por Rubén, chegándose ao descanso cun 1-2 favorable aos visitantes.
Na segunda metade, máis co corazón que coa cabeza, o Sta. Comba foise arriba e acadaría o empate nunca xogada de pundonor de Moncho. Pouco durou a ledicia porque Raúl non tardou en poñer o 2-3 de tiro cruzado, noutra acción que deixou en evidencia a engranaxe defensiva dos locais. Ata o final foi un querer e non poder, con faltas e saques de curruncho que o Paradela defendeu ben para rematar cos tres puntos no bolsillo.
Partido para a reflexión, para sacar conclusións e para pensar se hai algunha actitude que debamos correxir. Ata agora, globalmente, o balance é positivo. Tampouco imos a pensar que o de Monterroso foi unha casualidade e que xa volvemos a ser moi malos. Nin unha cousa nin a outra, pero coido, e esto é unha opinión persoal, que a todos, e digo todos, nos fai falta algo máis de humildade e nos sobra un chisco de sabiduría futbolística.
E, para rematar, non esquecer que o Paradela xa nos colou un parcial de tenis a tempada pasada.
———
Volver