SCD Santa Comba 3 - SDC San Lázaro 0
11.04.2010 21:47A SCD Santa Comba vence con claridade no último partido coma local
O Sta. Comba pechou a tempada como local cunha cómoda victoria sobre o San Lázaro por 3-0, nun partido que xa dominaba con claridade no ecuador da primeira metade gracias ós goles de Marcos e Pablo.
Os locias saíron con brío e na primeira xogada xa estivo Marcos a piques de marcar. Na seguinte acertou para anotar o primeiro gol ó aproveitar un balón solto á saída dun córner. O Sta Comba acumulou ocasións nestes primeiros minutos diante dun San Lázaro adormilado que só espertou un pouco cando Marcos, o adestrador, adiantou a posición de Paco a media punta. Pero, no minuto 23, Asier entrou pola súa banda e puxo un magnífico centro que Pablo, chegando ó segundo pao, rematou de cabeza ás redes de Fresi. Co 2-0 o partido parecía claramente decantado do lado local, aínda que o San Lázaro dispuxo de dúas boas ocasións antes do descanso, un remate de Daniel fóra e outro ó longueiro de Paco en posición dubidosa.
Na segunda metade houbo máis igualdade e, nos primeiros minutos, os visitantes intentaron reducir distancias no marcador dispoñendo dalgunha aproximación perigosa ós dominios de Óscar. Con todo, no minuto 65 o árbitro Lamas Vázquez sinalou penalti nunha man de Jose, que Pablo converteu no 3-0 que xa sería definitivo.
Quinta victoria para o Sta. Comba nos seis últimos encontros, no que está a ser un magnífico remate de tempada. O equipo xoga centrado e sen présas e, se o rival non esixe moito, como foi o caso de hoxe, o resultado non periga. Quedan dous desprazamentos, a Castroverde e a Sober, nos que se debería, xa postos, sumar algúns puntos máis e deixar a marca próxima ós 50 puntos, nin máis nin menos e quen o dixera fai unas xornadas. Lástima do que se perdeu polo camiño.
———
Volver