SD Castroverde 0 - SCD Santa Comba 1

18.04.2010 11:53

A SCD Santa Comba segue ca tónica deste último mes e vence de novo,esta vez ao Castroverde

 

 

 

Cando na xornada 25 o Sta. Comba visitou o novo Luís Bodegas para medir forzas co Arenas, en cadro e coa auga ó pescozo, ninguén vislumbraba que, xustamente aí, se iniciaría unha xeira de 6 partidos consecutivos con victoria, co paréntese do encontro contra o Muralla, perdido no campo e gañado nos despachos. Arenas, Residencia, San Lázaro, Castroverde e os aprazados Laxosa e Polvorín compoñen a lista de víctimas do Sta. Comba nas últimas xornadas. Nada máis e nada menos que 21 puntos consecutivos metidos no zurrón e o ascenso ó quinto posto na clasificación.

O partido de hoxe empezou co cadro local dominando, trenzando boas xogadas con aperturas ás bandas e algunha que outra ocasión, froito tamén dalgunhas indecisións da defensa visitante. Anotar tamén unha falta lanzada por Pereira que non atrapou Óscar e que rematou en córner. A partir do minuto 25 é cando o Sta. Comba comeza a despertar, destacando un remate de Emilio fóra e unha falta lanzada por Pablo que rexeitou Chino cando se colaba pola escadra.

Na reanudación adiantouse o Sta. Comba cun gol de oportunista de Diego, un toque sutil co que superou a Chino tras unha falta moi ben dirixida por Lucas. No tramo final os locais buscaron empatar e tiveron opcións nunha xogada individual de Iago e nun remate de cabeza de Bruno ó que respondeu Óscar cunha boa intervención.

Pola súa banda, o Sta. Comba dispuxo de boas accións á contra, pero non precisou o último pase. Tamén lle foi anulado un gol a Diego que, desde a grada, parecía legal.

Para despedir a tempada queda o desprazamento a Sober, que xa terá máis de visita turística que de competición deportiva, aínda que sempre quede aquelo de deixar a marca en oito consecutivos gañados, non sei se superada noutros anos. Haberá que comprobar as hemerotecas.

 

Volver