SD Paradela 0 - SCD Santa Comba 2
06.02.2010 20:03A SCD Santa Comba recupérase cun bo partido
Os roxinegros reeoncóntranse ca victoria logo de deixar unha boa imaxe en Paradela. Primeiro gol de Emilio na tempada.
Ríchard
O Sta. Comba acadou unha merecida victoria no campo do Gandarón de Paradela onde se impuxo por 0-2 ó cadro local, resultado que puido ser moito máis abultado, xa que se fallaron ocasións dabondo para elo. Con todo, ó final os tres puntos viaxaron para Sta. Comba, aínda que houbo que esperar ó tempo de desconto para conseguir o segundo gol que deixaba sen ningunha opción ós locais.
Bo plantexamento de Xaime que puxo en xogo un 4-1-4-1, con Pibe de pivote por detrás da liña media, con Iván caendo á banda dereita e Diego arriba. Quitando o primeiro cuarto de hora, o Sta. Comba controlou o xogo, afogou o fútbol combinativo dos locais e dispuxo das mellores ocasións nos pés de Lucas, Pablo e Iván, aínda que o marcador non se movera antes do descanso.
Na segunda metade a disposición do cadro visitante foi a mesma, con Pelayo no sitio de Pibe, lesionado. O primeiro gol arrancou nos pés de Iván, que lle cedeu o balón a Diego, este porfiou cos centrais e terminou colandose por entre eles para batir a Iván, no que foi unha magnífica xogada. A partir de aí, sucedéronse as ocasións para o Sta. Comba, algunhas moi claras nas botas de Lucas, Diego e Asier. O Paradela, pola súa banda, tivo o empate nun lanzamento que saíu desviado. Xa no tempo de desconto, Emilio só tivo que empurrar na liña de gol un centro de Ivo, tras outra boa xogada deste dianteiro ó que lle hai que recoñecer que, con goles ou sen eles, case sempre da a cara.
Bo partido pois, en liñas xerais, dun Sta. Comba que non coñecía a victoria no que vai de ano, se non me equivoco, victoria que debe de servir para serenar os ánimos e centrarse dunha vez por todas na competición. Engadir que hoxe participou todo o banquiño no tiunfo e que o equipo, cunha moi boa actitude xeral, non notou os cambios para peor, mantendo máis ou menos a liña de xogo, algo que debe reforzar ó grupo.
———
Volver