Campo "Tras do Novo"
O campo Tras do Novo foi construído no ano 1978, pero non se comezou a utilizar ata os anos oitenta,cando se acondicionou para poder disputar partidos coma locais e así deixar o campo antigo.
O campo é de herba natural , e posúe unhas dimensións son de 95m. de longo por 60m. de ancho.
A última remodelación data na tempada 98-99, que é a máis significativa, construíndo o valado ó redor do campo, as bancadas para os siareiros,e a renovación completa dos vestiarios.